- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a terceira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografías vai do 10 ao 19 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. A inscrición é gratuíta. Descarga as bases do certame fotográfico. O acto de conmemoración do día LGTBIQ+ celebrarase o venres 26 de xuño.
Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, vén de abrir o prazo para participar no concurso de fotografía LGTBIQ+. O Concello de Ames organiza este certame dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidade con respecto á comunidade LGTBIQ+.
A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destaca que “con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, desde o Concello de Ames volvemos, por terceiro ano consecutivo, a organizar este concurso fotográfico que tivo unha boa acollida nas dúas edicións anteriores por parte da veciñanza amesá. Deste xeito, queremos que a veciñanza amesá se implique e participe na celebración deste día. Para iso teñen do 10 ao 19 de xuño para enviar as súas fotografías”.
Poden participar neste certame todas as persoas maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As fotografías teñen que ser orixinais e inéditas, presentando cada participante dúas fotografías como máximo. Soamente se permitirá unha participación por persoa. A inscrición é gratuíta.
Os participantes aceptan as bases do concurso ao presentar as súas fotografías. As persoas participantes deberán presentar dúas fotografía máximo coa temática “Ames a quen ames faino con orgullo”. Poden ser realizadas con calquera tipo de técnica e estilo. A resolución das fotos deberá ser como máximo de 2 ou 3 megas. O prazo para participar péchase o 19 de xuño.
Presentación das obras
Permitirase unha participación por persoa, que deberá ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. As persoas participantes prestan o seu consentimento para que as composición enviadas sexan expostas na páxina web do Concello de Ames.
Do mesmo xeito, o Concello de Ames, resérvanse o dereito a elaborar unha galería fotográfica na páxina web coas composición que participen. As persoas participantes son os responsables das autorizacións pertinentes respecto das persoas que aparezan nas fotografías.
É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto (preferiblemente móbil), e o texto autorizo aos organizadores a difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo. O Concello de Ames non gardará nin utilizará os datos persoais de ningún dos participantes, salvo os necesarios para identificar a persoa premiada.
Limitacións técnicas
Non se aceptará imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á legalidade vixente. As fotografías serán realizadas acorde ao dereito á propia imaxe, complementario ao dereito á intimidade. Este dereito garante a protección do que se consideran as cualidades definitorias dunha persoa: imaxe física, voz e nome.
As fotografía nas que aparezan persoas recoñecibles deberán ir acompañadas dunha carta firmada por ditas persoas autorizando o uso da súa imaxe. O Concello de Ames resérvanse o dereito de veto por se algunha imaxe fose contraria á legalidade ou se mostrasen a persoas en accións non apropiadas.
O 23 de xuño comunicarase o/a gañador/a do certame a través da páxina web do Concello e ao/a premiado/a a través dos datos de contacto facilitados. O venres, 26 de xuño, o alcalde de Ames e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado entregarán o premio, deseñado para a ocasión.
Todas as persoas participantes outorgan ao Concello de Ames unha licencia suficiente sobre os dereitos de reprodución, publicación, distribución, transformación, comunicación pública e posta a disposición da súa obra. O/a participante manifesta e garante ser o único titular de todos os dereitos de autor da fotografía, que presenta ao sorteo e responsabilízase totalmente de toda reclamación fronte a terceiros derivada do incumprimento da citada garantía.






