[11-12-2013] A programación de actividades da Aula da Natureza continúa no mes de decembro cun obradoiro relacionado co Nadal. Esta actividade, que está dirixida aos nenos/as de 6 a 14 anos, denomínase "Nadal de Reciclaxe: confección dun belén". Impartirase o sábado 14 de decembro, en horario de 11:30 a 13:30 horas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 13 de decembro.
Durante o mes e decembro continúan as actividades e obradoiros que organiza a Aula da Natureza. Este sábado, 14 de decembro, organízase un obradoiro denominado "Nadal de Reciclaxe: confección dun belén". Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolverase en horario de mañá, entre as 11:30 h e as 13:30 horas. Neste obradoiro os participantes elaborarán un belén con paus de xeados e decorarano con materiais naturais. Tamén farán coas súas propias mans os diferentes elementos que compoñen o belén empregando cordeis e telas de refugallo. Por último, elaborarán un pequeno belén para colgar na parede.
Para este obradoiro ofértanse un total de 20 prazas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 13 de decembro.




