Pestanas principais

Apúntate no obradoiro Mapas do ceo con chocolate, que organiza a Aula da Natureza para os sábados 19 e 26 de outubro

Mércores, 16 de outubro de 2013

[16-10-2013] A Aula da Natureza organiza para este mes de outubro un obradoiro denominado Mapas do ceo con chocolate, que está dirixido aos nenos e nenas de 6 a 14 anos. Nesta actividade os rapaces e rapazas poderán coñecer as principais constelacións de estrelas como a Cruz do Sur ou a Osa Menor, entre outras. Ademais, os participantes realizarán unha maqueta para buscar no ceo a Estrela Polar e un proxector de constelacións. Para facer máis ameno este obradoiro os nenos e nenas poderán degustar unha saborosa cunca de chocolate quente. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org antes do venres 18 de outubro, ás 14:00 horas.

O próximo sábado, 19 de outubro, comeza a programación de actividades da Aula da Natureza cun obradoiro denominado Mapas do ceo con chocolate. Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolverase os sábados 19 e 26 de outubro en horario de mañá, entre as 11:30 h e as 13:30 horas. Nesta nova actividade os rapaces e rapazas aprenderán a diferenciar as diferentes estrelas e constelacións que existen. Os participantes neste obradoiro poderán coñecer as principais constelacións de estrelas como a Cruz do Sur ou a Osa Menor, entre outras. Tamén coñecerán a importancia da Estrela Polar no hemisferio norte e e explicáraselle como localizala no ceo.

O ser humano necesita ter no ceo diferentes puntos de referencia para orientarse. Esta é un das principais funcións das estrelas para os seres humanos. Outra das funcións que teñen as estrelas para os seres humanos é marcar o cambio de estación. Ademais, os nenos/as coñecerán os motivos que levaron a relacionar as distintas constelacións cunha forma xeométrica ou cunha determinada figura. Tamén aprenderán máis polo miúdo diferentes aspectos da mitoloxía que hai arredor das estrelas e das constelacións.

Parte práctica
Na parte práctica, os rapaces e rapazas elaborarán unha maqueta que lles servirá para buscar no ceo a Estrela Polar. Esta maqueta está composta polas constelacións da Osa Maior, a Osa Menor e de Casiopea. Por outra banda, partindo da reciclaxe de botes de patacas fritas, farán un proxector de constelacións. Os nenos/as poderán elixir as constelacións que máis lle gusten ou a do seu horóscopo para poder ver a través do seu proxector. No descanso do obradoiro os nenos e nenas poderán degustar unha saborosa cunca de chocolate quente.

Para este obradoiro ofértanse un total de 20 prazas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 18 de outubro.