[21-12-2015] Este luns, 28 de decembro, na Casa da Cultura de Bertamiráns ofrécese para os mozos e mozas, que teñan a partir de 9 anos, un curso de danza moderna e hip-hop. O obradoiro comezará ás 11:00 horas e durará ata as 12:30 horas. Para reservar praza hai que chamar ao número de teléfono 981 525 940. Ofértanse un total de 30 prazas. O prazo para realizar as inscricións remata o propio día que se imparte este obradoiro.
De seguido, pola tarde a Compañía As Dríadas pon en escena a obra A Orixe. A obra representarase na Casa da Cultura de Bertamiráns o luns 28 de decembro a partir das 17:00 horas. O espectáculo percorre a historia do hip hop dende os seus inicios en New York nos anos 60 ata a actualidade. A obra está indicada para público infantil e xuvenil. As entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos.




