[14-12-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza durante o venres 22 e mailo sábado 23 de decembro, en horario de 16:00 a 22:00 horas, o primeiro Torneo de Nadal de Fútbol Sala 3x3 Concello de Ames. Este torneo desenvolverase no pavillón municipal do Milladoiro.
Haberá dúas categorías: absoluta (para homes de máis de 16 anos) e feminina (para mulleres de máis de 14 anos). Para tramitar as inscricións ou obter máis información pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 – 981 535 940. Tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Haberá que entregar a ficha de inscrición cuberta e pagar 10 euros de cota de inscrición por equipo. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o mércores, 20 de decembro, ás 14:00 horas. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o regulamento do torneo e mailo impreso de inscrición.




