Pestanas principais

Apúntate no curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas que se enmarca dentro do programa Rede Xiana 2

Xoves, 16 de xuño de 2016

[16-06-2016] O próximo 27 de xuño vai dar comezo o curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, que se enmarca dentro do programa da rede Xiana 2. O curso, que se vai a realizar no centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado na rúa Costaneira, número 2, en Aldea Nova, ten unha duración total de 900 horas. Aínda quedan prazas libres, polo que as persoas que estean interesadas en participar nesta iniciativa deben poñerse en contacto co Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, antes do 24 de xuño, en horario de 8:00 a 14:00 horas, chamando aos números de teléfono 663711876 – 608459678.

O programa da Rede Xiana 2 é unha iniciativa para o fomento do emprego promovida e financiada pola Deputación da Coruña, coa que o Concello de Ames vén colaborando dende o ano 2013 . Trátase dun proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e unha aposta firme pola creación de emprego nos concellos da provincia, de xeito que se incrementen as posibilidades de inserción no ámbito local mais próximo.

O curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, que se desenvolverá nas instalacións do Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado en Aldea Nova, ten unha duración total de 900 horas. Impartiranse seis módulos diferentes: replanteo de instalacións solares fotovoltaicas (150 horas); montaxe de instalacións solares fotovoltaicas (210 horas); mantemento de instalacións solares fotovoltaicas (60 horas); formación transversal on-line (120 horas); programa de orientación e inserción laboral (160 horas); e un módulo de prácticas profesionais non laborais (200 horas).

Prácticas non laborais de 200 horas
Tal e como figura no programa do curso, o finalizar a parte formativa os alumnos terán un período de realización de prácticas non laborais de 200 horas en empresas da contorna co obxectivo de establecer un primeiro contacto co ambiente real de traballo e de poñer en práctica os coñecementos adquiridos coa formación recibida.

Este curso está dirixido a persoas desempregadas, tanto que participaran en accións formativas anteriores deste plan, relacionadas coa familia profesional de electricidade e electrónica, como para novos participantes, sempre que cumpran cos requisitos de formación esixidos correspondentes a un certificado de profesionalidade de nivel 2.

As persoas que estean interesadas en participar neste curso poden poñerse en contacto co Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, antes do 24 de xuño, en horario de 8:00 a 14:00 horas, chamando aos números de teléfono 663711876 – 608459678.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Aldea Nova acoge un curso sobre instalaciones solares"