[01-12-2014] A Concellaría de Xuventude de Ames pon en marcha un curso de inglés destinado a formar a alumnos/as para a realización do exame Preliminary English Test (PET-B1). O curso, dirixido a persoas maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Ames e con coñecementos mínimos de inglés (ESO/BUP ou equivalente), celebrarase do 9 de xaneiro ao 19 de xuño nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 16 de decembro. As prazas son limitadas ata un máximo de 30 (15 para Bertamiráns e 15 para Milladoiro). O curso terá un custe de 135 euros (suxeito a bonificacións e exencións). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición para participar no curso de inglés.




