- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colabora na organización do Campus de Nadal Nuria Rábano, que se vai celebrar no Milladoiro os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. Serán cinco días de adestramentos e convivencia que se van a desenvolver nas instalacións deportivas do Milladoiro. Esta actividade, que está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, realizarase de 9.00 a 14.00 horas. Impartiranse máis de 16 horas de adestramentos e haberá unha hora diaria de multideporte. As sesións de técnica serán impartidas por Nuria Rábano. As inscricións poden realizarse premendo nesta ligazón.
Nuria Rábano, en colaboración co Concello de Ames, pon en marcha o Campus pola Igualdade, que se vai a celebrar do 26 ao 30 de decembro no Milladoiro. Este campus de Nadal é unha boa forma de continuar cos adestramentos dunha forma profesional e con adestradores/as cualificados. A metodoloxía do campus basease en poñer ao xogador/a como eixo do programa. Ofrécese aos/as mozas a autonomía que necesitan para o seu día a día: normas, compromiso, traballo en equipo, e fútbol, moito fútbol.
O campus celebrarase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. Serán cinco días de adestramentos e convivencia que se van a desenvolver nas instalacións deportivas do Milladoiro. Esta actividade, que está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, realizarase en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Impartiranse máis de 16 horas de adestramentos e haberá unha hora diaria de multideporte. As sesións de técnica serán impartidas por Nuria Rábano. Cada participante recibirá un kit de adestramento e terá incluído un seguro de accidentes e un almorzo diario. Tamén haberá diversos sorteos, regalos e sorpresas.
O prezo para os/as xogadores/as do Milladoiro SD é de 60 euros, mentres que para outros rapaces e rapazas a cota de inscrición é de 80 euros. As familias que inscriban a máis dun fillo/a terán un desconto do 5% no segundo membro. As inscricións xa están abertas e poden tramitarse premendo nesta ligazón.
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: "Organizan un campus deportivo en Ames entre los días 26 y 30"






