Pestanas principais

Apúntate nas primeiras xornadas de formación de técnicos de fútbol base que organiza o Concello de Ames

Luns, 26 de marzo de 2012

[26-03-2012] O Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, o Bertamiráns FC, o Milladoiro SD e a empresa VV Xestión de Actividades, organizan as primeiras xornadas de formación de técnicos de fútbol base. Este curso está dirixido a monitores/as e adestradores/as de fútbol base e de fútbol afeccionado. Ofértanse un total de 50 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Aínda quedan prazas libres pero todas as persoas interesadas debe darse présa en apuntarse xa que o prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de abril. Todos/as os asistentes recibirán un diploma acreditativo de asistencia. As xornadas desenvolveranse todos os luns dos meses de abril e maio en horario de 20:00 h a 22:30 horas. Para obter máis información ou inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 981 884 991 ou enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.org. O prezo das xornadas é de 12 euros para as persoas que estean empadroadas no Concello de Ames e de 24 euros para os que non están empadroados. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar a ficha de inscrición para estas xornadas.

O goberno municipal aposta polo deporte como vía para desenvolver unha vida saudable sen malos hábitos e para formar as persoas en valores tan importantes como poden ser a deportividade, o respecto e a tolerancia. Ademais, dende o Concello de Ames considérase que é fundamental fomentar o deporte de base e contar con profesionais formados para que desenvolvan a súa actividade do mellor xeito posible. Por iso, a Concellaría de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, en colaboración coa Deputación da Coruña, o Bertamiráns FC, o Milladoiro SD e a empresa VV Xestión de Actividades, van desenvolver unhas xornadas de formación dirixidas a monitores/as e adestradores/as de fútbol base e de fútbol afeccionado.

Ofértanse un total de 50 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Aínda quedan prazas libres pero todas as persoas interesadas debe darse présa en apuntarse xa que o prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de abril. As xornadas desenvolveranse todos os luns dos meses de abril e maio no edificio de usos múltiples de Aldea Nova (aula 6), en horario de 20:00 h a 22:30 horas. Todos/as os asistentes recibirán un diploma acreditativo de asistencia. O prezo das xornadas é de 12 euros para as persoas que estean empadroadas no Concello de Ames e de 24 euros para os que non están empadroados. Para obter máis información ou inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 981 884 991 ou enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.org.

Para anotarse nestas xornadas hai que cubrir unha ficha de inscrición que se pode obter na Oficina de Deportes, situada no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Despois de cubrir a ficha cos datos persoais haberá que facer o ingreso da cota de matrícula correspondente no número de conta bancaria do Concello de Ames (2080-0215-41-0040000056). No momento do ingreso hai que indicar o nome e apelidos da persoa que realiza o ingreso e poñer en concepto: xornadas de fútbol base. Por último haberá que entregar a ficha de inscrición, o resgardo do ingreso bancario e unha fotocopia do DNI. Esta documentación pódese enviar por correo electrónico a deportes@concellodeames.org ou entregala persoalmente na Oficina de Deportes, situada no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Tamén pode descargar a ficha de inscrición premendo na ligazón que está a súa dereita, baixo o apartado de descargas.

Contidos do curso

O curso desenvolverase entre o 9 de abril e o 14 de maio. Dende o 9 ata o 16 de abril tratarase o primeiro tema que abordará os principios técnicos ofensivos e defensivos do fútbol. Para abordar este tema contarase con Manuel Aller "Levi", director deportivo do Bertamiráns FC. Entre o 23 e o 30 de abril abordaranse os principios tácticos ofensivos e defensivos do fútbol. Este tema será impartido por Javier Martínez Touriño, adestrador do Bertamiráns FC.

O 7 de maio abordarse a preparación física. Para tratar este tema contarase coa presencia de Juan Manuel Vegas, preparador físico e xerente da empresa VV Xestión de Actividades, que explicará as principais cuestións para previr lesións. Tamén intervirá Gonzalo Mella, adestrador das categorías inferiores do Bertamiráns FC, que falará da planificación que hai que seguir a longo prazo na preparación física.

Un semana despois, o 14 de maio, pecharase o curso. Esta última xornada comezará ás 20:00 horas cunha charla de Rosana Martínez, nutricionista municipal do Concello de Ames, que se encargará de falar sobre a nutrición durante a competición. Unha hora máis tarde, as 21:00 horas, trataranse as regras do xogo. E para clausurar o curso, a partir das 10:00 horas, os/as participantes recibirán a visita de Andrés Túnez, xogador do Real Club Celta de Vigo. Os adestradores/as e monitores/as que participen nestas xornadas poderán preguntarlle o que desexen a Andrés Túñez.