[27-09-2017] A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade organiza, a través do Centro de Información á Muller, e en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, a xornada informativa “Muller, decide o teu futuro laboral”. Dirixida a todas as mulleres do Concello de Ames interesadas na procura de emprego ou cunha idea para emprender, a xornada terá lugar o vindeiro 10 de outubro, de 10:00h a 13:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e o día 11, no mesmo horario, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
As mulleres interesadas en asistir deberán cubrir o cuestionario que se pode atopar premendo nesta ligazón. A xornada orientará ás mulleres asistentes nunha busca de emprego produtiva. Nela daranse consellos para realizar un curriculum máis eficaz, no que se describan, alén de estudos e experiencias, competencias e habilidades.