[10-05-2017] A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organiza para este sábado, 13 de maio, unha visita ao concello de San Sadurniño, que se atopa na comarca de Ferrol, para coñecer de primeira man o traballo que se realiza nun viveiro. Tamén se visitará unha plantación de maceiras. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Afondando no coñecemento das árbores froiteiras". As persoas que queiran solicitar máis información ou inscribirse nesta actividade poden chamar ao número 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal
Un autobús levará ás persoas inscritas ata San Sadurniño. Dito autobús sairá ás 9:00h da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9:10h da Casa da Cultura do Milladoiro. As visitas rematarán arredor das 15.00h, polo que haberá que levar algo de comer da casa para xantar antes de emprender a viaxe de regreso.




