Pestanas principais

Apúntate na ruta de inverno por Agrón que se realiza este domingo 15 de decembro

Mércores, 11 de decembro de 2019

A Concellaría do Medio Rural, a través da Aula da Natureza de Ames, e en colaboración coa Concellaría de Sanidade, organiza para este domingo, 15 de decembro, unha andaina polos camiños de monte do lugar de Ferreiros, na parroquia de Agrón, co obxectivo de coñecer as árbores e plantas características da época de inverno. Para participar nesta actividade hai que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo de autobús con saída dende O Milladoiro e Bertamiráns. Esta actividade, que está dirixida a todos os públicos, desenvolverase de 10.30 a 14.00 horas.

Durante esta fin de semana continúan as actividades da programación de Nadal deste ano. Neste caso, organizouse para o domingo 15 de decembro unha ruta de inverno polos montes da parroquia de Agrón. Concretamente a andaina discorrerá por camiños do lugar de Ferreiros, por onde se poderán ver acivros, ruscus, loureiros, escaramuxos e outras curiosidades do bosque de Agrón durante a época de inverno. Trátase de que a veciñanza amesá coñeza aquelas árbores e plantas que son propias do inverno.

Para participar nesta actividade hai que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo de autobús con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10.15 horas, e dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 10.30 horas. Esta actividade está previsto que se desenvolva en horario de mañá, dende as 10.30 ata as 14.00 horas aproximadamente. Está dirixida a todos os públicos, tanto a persoas adultas coma a nenos e nenas.

 

Novas relacionadas:

Lindeiros: "Ames organiza este domiungo unha Ruta de inverno por Agrón"

Ruta de inverno