[18-06-2013] A concellaría de Voluntariado e Maiores, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, organizou unha excursión para asistir á xuntanza da terceira idade que terá lugar o próximo sábado 22 de xuño. Todas as persoas que desexen asistir a esta xuntanza poderán pasar unha xornada coñecendo o Carballiño, participar en obradoiros e xogos populares, gozar da actuación de grandes orquestras, así como desgustar unha saborosa comida. O custe da comida correrá a cargo de cada persoa que participe nesta excursión. Ademais haberá que pagar 6 euros para sufragar os gastos de desprazamento en autobús. A inscrición pódese realizar chamando ao número de teléfono 662 377 044 pertencente á Oficina de Voluntariado de Ames, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, organizou unha excursión ao Carballiño para asistir á xuntanza da terceira idade. Alí, as persoas maiores pasarán o día de xeito entretido realizando diversas actividades e conversando entre eles. A xuntanza da terceira idade é xa un clásico en Galicia. Xa hai inscritas unhas 60 persoas para asistir a esta romaría.
O Concello de Ames porá a disposición da veciñanza amiense dous autobuses para ir o Carballiño, polo que aínda quedan libres unhas 50 prazas. As persoas que desexen asistir a esta xuntanza terán que pagar 6 euros para sufragar os gastos de desprazamento en autobús. Os autobuses sairán da Casa da Cultura do Milladoiro e da Praza do Concello de Bertamiráns.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 20 de xuño. A inscrición pódese realizar chamando ao número de teléfono 662 377 044 pertencente á Oficina de Voluntariado de Ames, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Xogos populares e música
Reunirse, reflexionar e conversar entre eles, ademais de poder participar en obradoiros e xogos tradicionais, son algunhas das actividades que se poderán facer neste encontro. Este é un momento para pasalo ben, e para iso realizaranse obradoiros de malabares, de olaría e doutras actividades tradicionais que co paso do tempo se foron esquecendo, pero que a xente de máis idade si coñece.
Tamén poderán participar nos xogos tradicionais galegos coma a estornela. Logo chegará a quenda para o xantar, no que se poderá desgustar churrasco, polbo e carne ao caldeiro. O custe da comida correrá a cargo de cada persoa que participe nesta excursión. Tras a comida, que será nunha carballeira, as persoas asistentes gozarán coa música dalgunha orquestra galega.




