Pestanas principais

Apúntate ao novo e innovador obradoiro de relaxación que organiza a Oficina de Voluntariado

Mércores, 16 de outubro de 2019

O obradoiro de relaxación, organizado pola Oficina de Voluntariado de Ames, dará comezo o próximo 22 de outubro e impartirase todos os martes, en horario de 10.30 a 12.00 horas. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse chamando ao 662 377 044 ou enviando un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.

O próximo martes 22 de outubro iniciarase o novo e innovador obradoiro de relaxación impartido pola Oficina de Voluntariado de Ames. Trátase dunha actividade nova que se pon en marcha por primeira vez durante este curso 2019-2020. Este obradoiro será impartido todos os martes de 10.30 a 12.00 horas. A través del, realizaranse exercicios físicos e relaxacións guiadas, sempre poñendo atención ao noso corpo e a nosa mente.

O taller ten como obxectivo, a través de exercicios físicos de suave ximnasia e relaxacións fluídas, encontrar un pouco de sosego para a nosa vida diaria. Constará de dúas partes, cunha primeira na que se realizará unha suave táboa de exercicios.

En canto á segunda, esta será máis interactiva. Cada día exporase un tema, unha masaxe ou incluso unha modalidade de debuxo, como realizar un mandala ou intentar expresas os nosos sentimentos a través da pintura. Outra posible actividade poderá ser plantar simbolicamente os sentimentos de próspero futuro ou incluso escribir frases de superación para repartilas entre os compañeiros do taller.

O obradoiro convértese polo tanto, nunha experiencia coa que se encontrará o equilibrio e sosego con un mesmo para o noso día a día. Para máis información ou inscricións, pódese chamar ao número de teléfono 662 377 044 ou enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Comeza en Ames un novo e innovador obradoiro de relaxación"

Obradoiro de relaxación

Multimedia

  • Obradoiro de relaxación