Pestanas principais

Apróbase o reparto de 74.262 euros entre 26 entidades e clubs deportivos de Ames

Mércores, 11 de novembro de 2020

O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión da primeira remesa de subvencións para a promoción de actividades levadas a acabo no exercicio 2019 por clubs e asociacións deportivas do concello de Ames. Despois de resolver as solicitudes presentadas, o goberno municipal aprobou o reparto de 50.000 euros entre 16 clubs deportivos para a súa participación en competicións federadas e 24.262,55 euros para 10 entidades e clubs deportivos para o fomento de actividades deportivas.

Esta convocatoria de axudas pretende subvencionar as actividades de índole deportiva desenvolvidas polas entidades e clubs deportivos de Ames, así como a adquisición de material inventariable cun límite dun 20% do orzamento total. Deste xeito, un total de 26 entidades e clubs deportivos de Ames repartiranse preto de 75.000 euros.

As entidades deportivas que recibiron unha axuda municipal para a súa participación en competicións federadas foron o Biduído SR (1.436,78 euros), o Veteranos Ames (718,39 euros), o CD Kárate Ames (1.508,62 euros), o XL Milladoiro (1.077,59 euros), o CB Ames (1.149,43 euros), o AD Val da Mahía (933.91 euros), CV Bruxas (4.956,90 euros), Escola de Fútbol Sala Trasgos (2.011,49 euros), o Club Atletismo Sar (3.520,11 euros), Fútbol Club Meigas (3.268,68 euros), Club de patinaxe Sarela (4.310,34 euros), Club de patinaxe artística Omega (4.454,02), AD Basquet Ames (4.166,67 euros), Club de atletismo MillaRaio (6.573,28 euros), Club de piragüismo Ribeiras do Tambre (4.454,02 euros), Club deportivo Millarengo Cultura (5.459,77 euros).

Por outro lado, a outra parte do presuposto inicial foi destinada a 10 entidades para o fomento das súas actividades deportivas. Foi o caso de CD Kárate Ames (1.179,94 euros), XL Milladoiro (1.769,91 euros), a Asociación Galega de Promoción e Desenvolvemento Ciclista (1.843,66 euros), Club Ciclista Os Esfola Arrós (3.982,30 euros), Motoclub Ameixenda (1.696,17 euros), Club Deportivo Rutas a Pie (2.286,14 euros), CV Bruxas (2.359,88 euros), Sociedad de caza e pesca Azor (3.834,81 euros), Club Piragüismo Ribeiras do Tambre (3.834,81 euros) e o Club Deportivo Millarengo Cultura (1.474,93 euros).

Os principais obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos, empregando para isto aos colectivos existentes no concello, como mellor instrumento para acadar este fin. Tamén se pretende crear unha vida deportiva estable dentro do concello, programada e desenvolta polas entidades do ámbito privado, e na que a Administración municipal represente un papel secundario, tanto na elección do tipo de actividades a desenvolver, como na súa posta en práctica e no seu financiamento.

Ademais, búscase a participación activa dos/as veciños/as na actividade deportiva, que ten un claro interese público, como medio de promover a formación dos máis novos/as e de propiciar a convivencia entre os veciños e veciñas; así como poñer a disposición do Concello información completa e actualizada das asociacións sen ánimo de lucro do municipio, co fin de promover unha relación fluída cas mesmas e posibilitar o deseño de políticas eficaces que permitan dinamizar a actividade dos particulares que resulte complementaria das competencias municipais.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca que “dende a Concellería de Deportes seguimos apostando polo deporte en Ames, e con estas subvencións queremos achegar a práctica deportiva a toda a veciñanza amesá, e aos clubs do noso concello que son o nexo de unión perfecto para levalo a cabo".

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Reparto de subvenciones para fomento deportivo y participación en pruebas"

Compostela 24 horas: "Apróbase o reparto de 74.262 euros entre 26 entidades e clubs deportivos de Ames"

Imaxe de arquivo de dúas padexeiras do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre