Pestanas principais

Apróbase o expediente de licitación do proxecto de pavimentación de accesos ao lugar de Ventosa

Luns, 10 de maio de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do proxecto de pavimentación de accesos en Ventosa, autorizando o gasto por importe de 95.009,62 euros. Este proxecto está incluído no Plan complementario do Plan Único de Concellos POS+ 2019. Debido á normativa da Dirección Xeral de Patrimonio houbo que modificar o proxecto inicial desta actuación. Deste xeito, con respecto ao proxecto inicial, restrínxese a pavimentación en formigón no treito de camiño que atravesa o núcleo de Ventosa, increméntase o espesor de formigón desactivado a 15 centímetros, proxéctase a cuneta de seguridade tamén en formigón desactivado e suprímese o pavimento de lastra de granito.

No pleno ordinario do pasado mes de marzo a Corporación municipal aprobou por unanimidade a modificación do proxecto de pavimentación de accesos ao lugar de Ventosa incluído no POS+ 2019. Dito proxecto houbo que envíalo a Dirección Xeral de Patrimonio xa que parte desta actuación realizarase preto dun tramo do Camiño de Fisterra-Muxía ao seu paso por Ames. Debido a iso dende Patrimonio indicaron que nese lugar haberá que reparar o firme con zahorra e non se poderá aplicar asfalto. Esta situación motivou a redacción dun proxecto modificado que dá cumprimento as esixencias da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

A través de dita actuación executarase a pavimentación de accesos ao núcleo de Ventosa, divididos en cinco treitos de 50x5,00; 20x10,00; 40x8,00; 70x3,50 e 100x3,50 metros, con cinco centímetros de zahorra e 15 centímetros de pavimento continuo de formigón. No núcleo separarase o novo pavimento uns 15–20 centímetros respecto de cerramentos tradicionais de pedra, nos puntos en que non haxa un acceso a vivenda, finca, etc. para conservar na meirande parte do percorrido unhas bandas laterais de terra nas que medre a herba. Preténdese así mesmo a mellora da capa de rodaxe do viario de 350 metros de lonxitude e 4 metros de ancho, con 5 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

O treito norte, duns 130 x3.5 metros acondicionarase mediante 20 centímetros. de zahorra. Os áridos empregados para a zahorra e para o formigón desactivado terán unha tonalidade ocre semellante á pedra tradicional da zona. Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos.

Ademais, contémplase a execución de 180 metros (80 e 100 metros) de cuneta de seguridade revestida empregando tamén formigón con acado de áridos á vista, baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e executaranse 2 arquetas con sumidoiro e 6 metros (2 de 3 metros) de caz de formigón con reixa para recollida de augas pluviais, previa escavación de gabia e posterior recheo compactado da mesma.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “este proxecto sufriu un atraso na súa licitación debido á que houbo que enviar o proxecto á Dirección Xeral de Patrimonio porque parte desta actuación realizarase preto dun tramo do Camiño de Fisterra-Muxía ao seu paso por Ames. Isto supuxo que houbese que modificar o proxecto inicial. Unha vez superados ditos trámites agardamos que o proxecto poida ser adxudicado a antes posible para poder comezar as obras o máis axiña posible”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El Camino manda y obliga a adecuar el pavimentado y estética de Ventosa"

Ventosa

Multimedia

  • Ventosa
  • Ventosa