[18-08-2018] A Xunta de Goberno Local aprobou recentemente o expediente de contratación por lotes do Servizo de Seguros Privados do Concello de Ames, mediante procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, por unha duración de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro. O orzamento base de licitación aprobouse por un importe de case 600.000 euros para as catro anualidades.
O crecemento que está a experimentar o concello de Ames nos últimos anos, unido ao amplo abano de actividades que se desenvolven no termo municipal, conleva a aparición dunha serie de riscos e responsabilidades tanto materiais, persoais como profesionais. Por tal circunstancia, dende o Concello considérase necesaria a adopción dunha serie de medidas de protección fronte aos posibles danos que puidesen xurdir, medidas que adoptan tanto ao Concello como aos traballadores/as municipais a tranquilidade necesaria fronte á incertidume dun eventual custo que puidera ocasionar a existencia dalgún sinistro.
Por este motivo, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación por lotes do Servizo de Seguros Privados do Concello de Ames. Para facer fronte a unha situación que o requira, o Concello de Ames dispón dunha serie de pólizas de seguros que garantan a protección fronte aos posibles riscos que poidan xurdir. Así, os lotes fan referencia a un Seguro de Responsabilidade Civil e Patrimonial, Seguro de Danos Materiais, Seguro de Accidentes Colectivos do Persoal Municipal, Seguro de Accidentes Ususarios/Participantes en actividades organizadas polo Concello e Seguro de Responsabilidade Civil derivada de Vehículos a Motor.
Nos criterios de valoración o Concello contempla a reducción de Prima Total, a reducción o eliminación del importe de franquicia, a ampliación de límites y sublímites ou as Coberturas adicionais.
O alcalde de Ames, José Miñones, afirma que “no proceso de regularización que estamos a realizar desde o Concello este contrato é un dos mais importantes por cuantía e fondo de contido, esperando acadar unha boa cobertura para os vindeiros catro anos”.




