- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 22 de xaneiro, o expediente de licitación das obras de pavimentación de camiños peonís en Aldea Nova, pertencente á parroquia de Ortoño. O orzamento base de licitación ascende a 183.060,02 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á primeira fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación e mellora dos camiños peonís interiores existentes na urbanización Aldea Nova, pertencente á parroquia de Ortoño. O orzamento base de licitación ascende a 183.060,02 euros (IVE incluído).
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “comezamos coa licitación das obras incluídas no POS+ Adicional de 2025. Neste caso vaise mellorar o pavimentos dos camiños interiores da urbanización de Aldea Nova. Ademais, dentro do POS+ Adicional está incluído o arranxo e renovación das beirarrúas na avenida da Maía ata o límite co concello de Brión, que foi aprobado no pleno ordinario do pasado mes de novembro”.
Actuacións previstas no proxecto
A través de dito proxecto está previsto a pavimentación e mellora dos camiños peonís interiores existentes na urbanización Aldea Nova con 15 centímetros de formigón con mallazo, previa apertura de caixa e extensión de 10 centímetros de zahorra. Para a recollida das augas pluviais nestes camiños prevese a colocación de reixas de formigón polímero con reixa de fundición e a canalización de tubo de PP corrugado de 250 milímetros, previa escavación de gabia, coa correspondente conexión á rede existente.
Ademais, contémplase a reparación das escaleiras existentes entre as rúas Ribeira e Salgueiroas mediante a colocación dunha nova varanda con pasamáns ancorada sobre zuncho de formigón armado, cunhas dimensións de 10x15 centímetros, previa a demolición dos petos de bloque existentes e a retirada de enreixados. Tamén se prevé a limpeza dos paramentos das escaleiras e a súa reparación superficial.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames pone a punto los caminos interiores y las escaleras de Aldea Nova"
Diario de Santiago: "Apróbase a licitación das obras de pavimentación dos camiños peonís de Aldea Nova, en Ames, por valor de 183.000 euros"












