Pestanas principais

Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde por valor de 262.593 euros

Venres, 20 de marzo de 2026

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 5 de marzo, o expediente de licitación das obras de pavimentación dos viarios na aldea de Vilaverde, pertencente á parroquia de Piñeiro. O orzamento base de licitación ascende a 262.593,68 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación e mellora dos viarios na aldea de Vilaverde, pertencente á parroquia de Piñeiro. O orzamento base de licitación ascende a 262.593,68 euros (IVE incluído).

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “continuamos coa licitación das obras incluídas no POS. Dende o pasado mes de xaneiro aprobouse a licitación de tres obras incluídas no POS+ Adicional de 2025, para a pavimentación de camiños peonís en Aldea Nova, a pavimentación do viario principal de Coira, e a pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde. Nestas tres obras investiranse máis de 500.000 euros”.

Actuacións previstas no proxecto
As actuacións que contempla o presente proxecto están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios da aldea de Vilaverde, situada na parroquia de Piñeiro. Para elo proxéctase un novo pavimento composto por 15 centímetros de formigón con mallazo sobre zahorra para a súa nivelación, previa demolición da superficie do firme existente. En ambas marxes disporase dunha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho.

Baixo o novo pavimento de formigón prevese a canalización de tubo de polipropileno de 400 milímetros de diámetro coa instalación de arquetas con sumidoiro, pozos e canle de fundición dúctil con reixa para a correcta recollida das augas pluviais, previa escavación en zanxa. Para a recollida das augas residuais fecais prevese a canalización de tubo de PVC de 315 milímetros cos correspondentes pozos e arquetas de saneamento, previa escavación en zanxa.

Tamén de prevé a instalación de rede de abastecemento coa colocación de tubo de polietileno de 75 milímetros e 11 válvulas de comporta coas súas correspondentes arquetas de aloxamento. Para a rede de iluminación pública contémplase a colocación de tubo de polietileno de 90 milímetros con arquetas. Con anterioridade as actuacións proxectadas contémplase o desbroce e limpeza de marxes.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Ames invertirá más de 262.000 euros en la mejora de los viarios de la aldea de Vilaverde"

amsGO!: "Licitada a pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde por valor de 262.593 euros"

Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde por valor de 262.593 euros

Multimedia

  • Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde por valor de 262.593 euros