Pestanas principais

Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios na aldea de Barreiro, Bugallido, por valor de 175.000 euros

Sábado, 01 de novembro de 2025

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras de pavimentación dos viarios da aldea de Barreiro, na parroquia de Bugallido. O orzamento base de licitación ascende a 174.758,04 euros. Este proxecto, que se sufraga con cargo ao POS+ 2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais. Esta é unha das cinco actuacións que o Concello de Ames sufragará a través da Achega provincial de 2024 do POS+ 2025 que está dotada de 747.709,95 euros.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación dos viarios de Barreiro, na parroquia de Bugallido. O orzamento base de licitación ascende a 174.758,04 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este proxecto forma parte do POS+ 2025 aprobado no pasado mes de febreiro. No POS principal inclúese a execución de seis proxectos por valor de 1.073.870 euros. Neste caso vaise a executar un proxecto que recolle a pavimentación dos viarios da aldea de Barreiro, en Bugallido. É importante o mantemento e acondicionamento das rúas urbanas e dos camiños das parroquias do rural”.

Actuacións previstas no proxecto 
Para o viario do núcleo proxéctase un novo pavimento composto por 15 centímetros de formigón con mallazo sobre zahorra para a súa nivelación, previa demolición da superficie de firme existente e previa apertura de caixa e acondicionamento da explanación nun ramal de dimensións 40x2,50 metros. En ambas marxes disporase dunha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho.

Para o resto dos viarios, nunha lonxitude total de 735 metros, dividido en catro treitos de 250x3,50, 130x4,50, 65x3,50 e 290x4,00, e en 125 metros cadrados de sobreanchos e abanicos existentes, proxectase a reparación do pavimento con tratamento asfáltico e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. 

Co obxectivo de completar a pavimentación do viario de 65 metros de lonxitude prevese a execución dun paquete completo de firme, nunha lonxitude de 20 metros e 3,50 metros de ancho, con 20 centímetros de zahorra, 15 centímetros de grava con tratamento asfáltico, rego de selado e semiprofundo en toda a superficie, previo acondicionamento da superficie e apertura de caixa para o novo paquete de firme.

Baixo o novo pavimento de formigón prevese a canalización de 360 metros de tubo de polipropileno coa instalación de 17 arquetas con sumidoiro, 17 pozos, unha arqueta para colector con reixa, arquetas de conexión con tubo de PVC, así como un total de 28 metros de canle de formigón polímero e 9 metros de canle de fundición dúctil con reixa, para a correcta recollida das augas pluviais.

Para a rede de iluminación pública disporase en toda a actuación unha canalización de polipropileno de 90 milímetros de diámetro coas súas correspondentes arquetas. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal dos viarios, a limpeza de bordes no interior do núcleo e a colocación dun sinal de stop.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Ames pone a punto el viario de la aldea de Barreiro con hormigón en su recorrido principal"

Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios na aldea de Barreiro, Bugallido, por valor de 175.000 euros

Multimedia

  • Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios na aldea de Barreiro, Bugallido, por valor de 175.000 euros