Pestanas principais

Apróbase a concesión de axudas de transporte aos estudantes amienses

Sábado, 08 de xaneiro de 2011

[08-01-2011] A Administración local aporta un total de 2.760 euros dentro da convocatoria de axudas para o transporte escolar do curso 2010/2011 co obxectivo de prestar apoio económico a todos aqueles estudantes que cursan estudos de Formación Profesional de grao superior, estudos universitarios ou de réxime especial e outros estudios non impartidos en centros oficiais do termo municipal. As achegas ascenden a un importe único de 120 euros por persoa e curso escolar. Nos próximos días comunicarase por correo postal o resultado da resolución.

Un ano máis, o Concello de Ames continúa na súa liña de colaboración coa mocidade sufragando parcialmente o custe do traslado dos estudantes ata os seus centros situados fóra do territorio amiense. Esta axuda, convocada o pasado mes de outubro, está destinada aos mozos e mozas que cursan estudos en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, algún curso de formación profesional, estudios universitarios ou outros estudios non impartidos en centros oficiais do termo municipal.

A finalidade desta convocatoria é dar continuidade as axudas ao transporte escolar, de acordo coa nova realidade exposta polos veciños de Ames. Preténdese sufragar parcialmente o custe de traslado dos estudantes que cursen algún dos estudios sinalados anteriormente. Nun primeiro momento esta axuda realizouse a través duns bonos de desconto que podían empregar os estudantes para aboar o custo do servizo de transporte, pero coa entrada en vigor do Plan Comarcal de Transporte houbo que cambiar este sistema de axudas.

O Concello de Ames vén convocando nos últimos anos unha liña de axudas ao transporte, destinada a todos aqueles veciños/as que cursan, fóra do termo municipal e en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, algún curso de formación profesional, estudios universitarios ou outros estudios non impartidos en centros oficiais do termo municipal. Quedan fóra da liña de axudas os estudios de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato LOXSE (nas modalidades de Ciencias e Humanidades), por existir na actualidade centros de ensino públicos dentro do termo municipal de Ames que imparten os devanditos cursos.

O 3 de outubro do 2006 tivo lugar a posta en funcionamento do Plan Comarcal de Transporte, que afectou á maior parte dos beneficiarios destas axudas. Así houbo que adaptar as convocatorias de axuda ao transporte ás novas circunstancias. A redución no número de destinatarios provocou que non fose posible manter o sistema de bonos que viña sendo utilizado nos últimos cursos, sendo este substituído por outro de pago directo.

Unha vez visto o informe da comisión avaliadora e o exame da documentación realizado polo departamento de Educación e Servizos Complementarios, acordouse aprobar estas axudas das que se beneficiarán 49 mozos/as. Así, A mocidade que realiza estudos, por exemplo nas tres universidades galegas, na UNED ou noutros institutos, gozarán de 120 euros que cubrirán en parte os gasto de transporte que lles ocasiona este desprazamento. En total destínanse 2.760 euros para esta liña de axudas.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames da 2.760 € en subvenciones para el transporte"