Pestanas principais

​Apróbase a concesión de 20.000 euros para a promoción de actividades organizadas polas ANPAS durante o exercicio 2025

Domingo, 14 de decembro de 2025

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 4 de decembro a concesión de axudas por valor de 19.999,16 euros, para a promoción de actividades organizadas polas ANPAS dos centros educativos municipais durante o exercicio 2025. Os conceptos subvencionables son os de viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario, material didáctico, e actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Un total de 9 ANPAS beneficiaranse desta convocatoria de axudas.

O Concello de Ames vén de aprobar a concesión e o pagamento de axudas para a promoción de actividades organizadas polas ANPAS dos centros educativos municipais durante o exercicio 2025. As subvencións ascenden a un total de 19.999,16 euros, que permiten apoiar as diversas propostas das asociacións tales como viaxes, actividades extraescolares ou a organización de encontros e xornadas.

O importe desta liña de axudas repartiuse do seguinte xeito: a ANPA do IES Plurilingüe de Ames recibirá 3.325,75 euros; a ANPA do CEIP Agro do Muíño disporá de 3.325,75 euros; á ANPA do CEIP A Maía correspóndenlle 2.217,17 euros; a ANPA do IES do Milladoiro recibirá 3.000 euros; a ANPA Millapeques, da Escola Infantil do Milladoiro, disporá de 1.730,30 euros; á ANPA As Brañas do CEP de Ventín correspóndenlle 3.325,75 euros; a ANPA EEI Covas disporá de 256 euros; á AFA do CEIP de Barouta correspóndenlle 2.068,42 euros; e a ANPA da Escola Infantil A Madalena recibirá 750 euros.

Os conceptos subvencionables son os de viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario, material didáctico, e actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Os gastos obxecto de subvención deberon efectuarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Entre os obxectivos principais desta convocatoria de axudas son enriquecer a formación da poboación escolar en Ames, a través de actividades complementarias á formación regrada que reciben nos centros educativos; promover a convivencia da poboación escolar fóra do ámbito puramente académico; e propiciar a mellora do rendemento por parte do alumnado.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Ames subvenciona las actividades de las asociaciones de padres de alumnos con 20.000 euros"

​Apróbase a concesión de 20.000 euros para a promoción de actividades organizadas polas ANPAS durante o exercicio 2025