Pestanas principais

Apróbase a clasificación de ofertas para a adxudicación do proxecto de mellora na instalación de alumeado público de Oca e Raíces e nas estrada de Pedrouzos, Paramuíño e Cortegada

Venres, 23 de agosto de 2019

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este xoves, 22 de agosto, a clasificación de ofertas para a adxudicación no proxecto de mellora na instalación de alumeado público nos lugares de Oca e Raíces, así como nas estradas de Pedrouzos, Paramuíño e Cortegada. Este proxecto está incluído nos Orzamentos Participativos de 2018. Os traballos a realizar consisten na substitución dos puntos de luz incandescente/vapor mercurio por luminarias LED que son máis eficientes enerxeticamente.

A adxudicación deste proxecto alongouse no tempo debido a que a empresa que tiña maior puntuación no proceso de licitación non presentou, por dúas veces, a documentación solicitada para poder ser a adxudicataria tendo que cumprirse os prazos legais para dar continuidade ao investimento.

Trala primeira clasificación de ofertas, aprobada en Xunta de Goberno Local en xaneiro deste ano, dita empresa non presentou a documentación requirida e foi excluída do proceso. Debido a iso a empresa presentou recurso de reposición que foi estimado, polo que se lle volveu a solicitar a documentación necesaria para poder adxudicarlle o proxecto.

Novamente non presentou dita documentación polo que se procedeu a súa exclusión, e clasificar por orden decrecente de puntuación ás empresas participantes na licitación declaradas admitidas no procedemento. Agora o licitador proposto ten un prazo de sete días hábiles para presentar a documentación requirida co fin de poder adxudicar o proxecto e pechar dito proceso de licitación.

Deste xeito, nestes intres está pendente de executarse este proxecto que consiste na substitución dos puntos de luz incandescente/vapor mercurio por luminarias LED nos lugares de Oca e Raíces e nas estradas de Pedrouzos, Paramuíño e Cortegada. Este proxecto está incluído nos Orzamentos Participativos de 2018.

Política de eficiencia enerxética
O investimento dará continuidade á política de eficiencia enerxética que o executivo leva posta en marcha nos últimos anos e que se complementa co cambio a LED dalgunha aldea enteira, a renovación do alumeado que se está a facer de forma progresiva e o importante investimento na renovación de todo o alumeado do Milladoiro e que se atopa na fase final de licitación. O goberno municipal xa está a traballar nos pregos dunha nova licitación para a renovación de todo o alumeado de Bertamiráns e que irá con cargo ao Plan Impulsa Ames.

Por último, o alcalde informa que no mes de setembro o goberno municipal presentará un novo proxecto de eficiencia enerxética relacionado con todo o rural, para cambiar a LED o alumaeado de todas as parroquias e por un importe de case 2 millóns de euros para o que se acudirá a unha nova axuda europea de cara ao seu cofinanciamento.

Ligazóns:

El Correo Gallego: "Farolas led en Oca, Raíces y viales del rural de Ames"

Compostela 24 horas: "Ames renovará o alumeado público de Oca, Raíces e nas estradas de Pedrouzos, Paramuíño e Cortegada"

Imaxe do lugar de Pedrouzos