Pestanas principais

Aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras da taxa de saneamento e depuración de augas residuais e da taxa fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga

Martes, 02 de outubro de 2012

[02-10-2012] En sesión plenaria celebrada o 27 de setembro de 2012 prestouse aprobación provisional á modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa de saneamento e depuración de augas residuais e da taxa fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga do Concello de Ames. Mediante o presente anuncio o dito acordo de aprobación provisional sométese a exposición pública polo prazo de 30 días hábiles a efectos de exame e reclamacións, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. De non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición pública, o acordo de aprobación provisional quedará elevado a definitivo de xeito automático.