Pestanas principais

Aprobación inicial do proxecto de urbanización da área de reparto APR-PB5-01

Xoves, 08 de xuño de 2017

[08-06-2017] O Concello de Ames informa de que na Xunta de Goberno Local do 26 de maio de 2017 aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización da área de reparto de planeamento remitido APR-PB5-01, de solo non consolidado “Conexión Avenida da Maía-Rúa da Rosaleda (II)” do PXOM, presentado por Crecente y Fuertes Arquitectos S.L.P. na representación da Entidade Urbanística de Xestión, representación que deberá acreditarse no seguinte trámite que se efectúe a instancia da devandita entidade urbanística. Dito proxecto de urbanización terá que ser sometido ao trámite de información pública por un prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito proxecto.