Pestanas principais

Aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Ames para o exercicio 2018

Venres, 27 de abril de 2018

[27-04-2018] O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria de data 26 de abril de 2018, aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2018. Segundo o previsto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese a exposición pública este acordo inicial, a efectos de presentación de reclamacións e suxestións perante o Pleno, por un prazo de quince días hábiles a contar dende a data de publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se non se producen alegacións entenderase aprobado con carácter definitivo. Premendo na ligazón que está ao pé deste anuncio poderán descargar unha carpeta que contén todos os documentos relativos ao orzamento de 2018.