Luns, 26 de maio de 2014
[26-05-2014] No Pleno extraordinario celebrado o pasado 13 de maio de 2014 aprobouse de xeito inicial a modificación do regulamento de funcionamento do mercado de venda ambulante do Concello de Ames. A través do presente anuncio o acordo de aprobación inicial sométese a exposición pública durante un período de 30 días hábiles, para que as persoas que o desexen poidan presentar as reclamacións que consideren oportunas. No caso de que non se presenten reclamacións no tempo de exposición pública, o acordo de aprobación inicial quedará elevado a definitivo de xeito automático. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.




