Mércores, 06 de novembro de 2013
[06-11-2013] En sesión plenaria celebrada o 31 de outubro de 2013 prestouse aprobación inicial á modificación de diversas ordenanzas fiscais e ordenanzas reguladoras de prezos públicos. Mediante o presente anuncio sométense a exposición pública por prazo de 30 días hábiles aos efectos de exame e reclamacións. Para o suposto de non presentarse ningunha reclamación, o acordo de aprobación inicial da modificación quedaría elevado a definitivo de xeito automático. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar os anuncios de dita aprobación.