Pestanas principais

Aprobación dos decretos coa modificación das concellarías do goberno, da composición da Xunta de Goberno Local, e sobre o réxime de dedicacións da concelleira Ana Ruso

Xoves, 12 de febreiro de 2015

[12-02-2015] O Concello de Ames informa do decreto número 214/2015 a través do cal se resolveu efectuar a favor da concelleira Ana Ruso Valiña as delegacións de Asociacionismo, Igualdade, Muller, Xuventude, Seguridade, Transportes e Voluntariado. Tamén se informa dos decretos a través dos cales se resolveu modificar a composición da Xunta de Goberno Local e sobre o réxime de dedicacións da concelleira Ana Ruso. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar os devanditos decretos.