Xoves, 10 de maio de 2012
[10-05-2012] O Concello de Ames informa de que en Xunta de Goberno local foi aprobada a proposta feita pola concellaría de Medioambiente, Sanidade e Cultura, para a impartición dun curso de iniciación ás follas de cálculo, que imparte a Aula de informática do Milladoiro durante o mes de maio. Nesta proposta recóllese que o prezo público que terá que aboar cada persoa que participe no curso de iniciación ás follas de cálculo é de 10 euros. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a proposta aprobada en Xunta de Goberno local.




