Pestanas principais

Aprobación do prezo público correspondente á excursión a Portugal

Mércores, 10 de abril de 2013

[10-04-2013] O Concello de Ames informa de que na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, celebrada o 4 de abril de 2013, prestouse aprobación á proposta feita pola concellaría de Medio Ambiente, Sanidade, Cultura, Deportes e Benestar Social para a realización dunha excursión a Portugal que se desenvolverá o día 13 de abril. Nesta proposta recóllese que o prezo público que terá que aboar cada persoa que participe nesta excursión é de 25 euros. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a proposta aprobada en Xunta de Goberno local.