Pestanas principais

Aprobación do prezo público correspondente á excursión ao Carballiño con motivo do “Encontro dos nosos maiores 2013”

Venres, 14 de xuño de 2013

[14-06-2013] O Concello de Ames informa de que na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, celebrada o 13 de xuño de 2013, prestouse aprobación ao prezo público correspondente á excursión á localidade ourensá do Carballiño, que se celebrará o vindeiro 22 de xuño, co gallo do “Encontro dos nosos maiores 2013”. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio sobre a aprobación do prezo público correspondente á excursión ao Carballiño.