Xoves, 04 de decembro de 2014
[04-12-2014] O Concello de Ames informa de que na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, celebrada o 20 de novembro de 2014, prestouse aprobación ao o prezo público correspondente ao curso de inglés para a obtención do certificado Preliminary English Test. Nesta proposta estipúlanse os prezos que terán que aboar as persoa que participen neste curso que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e xuño de 2015. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a proposta aprobada en Xunta de Goberno local.




