Pestanas principais

Aprobación definitiva do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ames

Xoves, 31 de maio de 2012

[31-05-2012] O Concello de Ames informa de que en sesión plenaria de 23 de febreiro de 2012, prestouse aprobación inicial ao Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ames. Sometido a exposición pública mediante anuncio no BOP número 71 de 16 de abril, non se presentou ningunha reclamación, polo que o acordo de aprobación inicial queda elevado a definitivo de forma automática. En cumprimento do previsto na lexislación vixente e aos efectos da súa entrada en vigor, publícase o seu texto íntegro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o texto íntegro do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ames.