Pestanas principais

Aprobación definitiva da ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais

Luns, 27 de agosto de 2018

[27-08-2018] Na sesión plenaria do 28 de xuño de 2018 prestouse aprobación inicial á ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais, publicada no BOP número 129 de 9 de xullo de 2018. Sometido o acordo a exposición pública por prazo de 30 días hábiles, non se presentaron alegacións, polo que a aprobación inicial quedou elevada a definitiva de forma automática. De acordo co establecido no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, faise pública a aprobación definitiva de dita ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais. Premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.