Pestanas principais

Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames.

Venres, 14 de setembro de 2012

[14-09-2012] En sesión plenaria celebrada o 28 de xuño de 2012 prestouse aprobación inicial á modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames. Sometida a exposición pública (Boletín Oficial da Provincia núm. 134, de 16 de xullo de 2012), presentouse unha alegación, que foi desestimada en sesión plenaria celebrada o 30 de agosto de 2012, aprobándose definitivamente a modificación da dita ordenanza. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio da aprobación definitiva.