Pestanas principais

Aprobación da subvención nominativa á entidade Cáritas parroquial San Juan de Ortoño para o desenvolvemento do proxecto denominado “proxecto de acollida e dinamización social 2015”

Xoves, 23 de marzo de 2017

[23-03-2017] O Concello de Ames informa sobre a aprobación da subvención nominativa á entidade Cáritas parroquial San Juan de Ortoño para o desenvolvemento do proxecto denominado “proxecto de acollida e dinamización social 2015”. A entidade Santiago (Parroquial San Juán de Ortoño) acometeu ao longo do ano 2015 programas de acollida e dinamización social, conciliación laboral e familiar, proxectos de inclusión social complementarios ca actuación dos servizos sociais municipais en Bertarmiráns, de acordo co informe emitido polo departamento de Servizos Sociais. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito decreto.