Pestanas principais

Aprobación da modificación das bases de funcionamento do servizo de Escola de verán e dos programas lúdicos municipais

Xoves, 10 de maio de 2012

[10-05-2012] O Concello de Ames informa de que en Xunta de Goberno se aprobou a modificación das bases de funcionamento do servizo de Escola de verán e dos programas lúdicos municipais, que foran aprobadas na Xunta de Goberno local do pasado 11 de maio de 2011. Esta modificación realizouse despois de que dende o departamento de Educación se elaborase un informe no que se recollía a necesidade de adaptar as bases de funcionamento do servizo “Escola de verán” e do servizo “Lúdicos” á vixente ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas bases modificadas.