Pestanas principais

Aprázase a celebración da Festa da Terra ante as previsións meteorolóxicas desfavorables para este domingo

Venres, 14 de xuño de 2013

[14-06-2013] O Concello de Ames decidiu aprazar a conmemoración da Festa da Terra, que se ía celebrar este domingo na praia fluvial de Tapia, ante as previsións meteorolóxicas desfavorables para esa xornada.

A intención da Concellería de Medio Ambiente é que esta celebración, que inclúe un conxunto de diversas actividades para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente, se poida celebrar en próximas datas.

 Esta actividade enmárcase na programación que o Concello de Ames está desenvolvendo ao longo deste mes para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente, que se celebrou o pasado 5 de xuño, co obxectivo de poñer en valor o noso medio e reducir os refugallos e a perda de alimentos.  O Día Mundial do Medio Ambiente ten como lema este ano Pensa. Aliméntate. Aforra, unha campaña para de reducir os refugallos e as perdas de alimentos. Esta campaña, á que se suma o Concello de Ames, está dirixida tanto ás persoas particulares como aos supermercados e grandes superficies comerciais.