A actividade de Diana Fútbol & Slide, prevista para o venres, 21 de agosto, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro e para o sábado, 22, no parque do Ameneiral de Bertamiráns, adíase por mor da previsión metereolóxica. A concellaría de deportes pide desculpas e anuncia que se se avisará con antelación das datas nas que se recupere a actividade.
Estaba previsto que a praza de Manuel Murguía no Milladoiro acollerá o venres 21 de agosto, entre as 11:00 e as 14:00 horas a actividade de Diana de fútbol e Slides. Estes xogos íanse repetir o sábado, entre as 12:00 e as 14:00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. A predicción metereolóxica, que anuncia condicións adversas para o desenvolvemento destes eventos, provoca que se adíe a actividade para outro día no que a climatoloxía sexa favorable.
A concellaría de deportes que organizaba este evento ao abeiro do programa de dinamización da economía e a cultura en Ames, AmesON, pide desculpas polas molestias que este cambio poida ocasionar e anuncia que comunicará de antemán as datas nas que se poida recuperar a actividade.