Pestanas principais

Aprazada a actividade de supervivencia prevista para mañá sábado 26 de maio

Venres, 25 de maio de 2018

[25-05-2018] Debido ao prognóstico meteorolóxico de AEMET e METEOGALICIA que anuncian tormenta eléctrica para mañá sábado, 26 de maio, queda APRAZADA a actividade de supervivencia que se desenvolverá o SÁBADO 9 de XUÑO no mesmo horario e nas mesmas condicións.

Saída: dende O Milladoiro (Casa da Cultura) ás 12: 00 horas.
Dende Bertamiráns (Praza do Concello-parada de taxis) ás 12:10 horas.

Regreso: chegada ás 18:15 horas á parada de autobús do Gadis de Bertamirás.
Chegada ás 18:30 horas á Casa da Cultura do Milladoiro.

Para o almorzo o Concello disporá de carne á brasa e froita. Da casa completarase co que cada familia considere oportuno (patacas, arroz, un iogur, galletas, etc.). Será preciso levar auga e unha gorra.