Martes, 05 de xullo de 2016
[05-07-2016] Na xuntanza mantida este luns, 4 de xullo, entre o alcalde de Ames, José Miñones, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, deuse traslado da finalización dos traballos de reparación da AG-56 (autovía Santiago-Brión) no treito no que o pasado inverno se rexistrou o desprendemento dun noiro por mor dun temporal. Logo da apertura o pasado 23 de xuño do carril que permanecía cortado, o venres día 1 de xullo abriuse tamén ao tráfico o segundo enlace de Bertamiráns, co que quedou por completo restablecida a normal circulación por esta autovía.




