Martes, 11 de outubro de 2016
[11-10-2016] Dende a Policía Local de Ames informan de que este luns, 10 de outubro, pola mañá depositaron unha cantidade de diñeiro nas súas instalacións que foi atopada nunha rúa de Bertamiráns. As autoridades locais informan de que a persoa que o perdeu pode recollelo nas propias oficinas, na rúa Alcalde Lourenzo en Bertamiráns. Para máis información pódese chamar ao teléfono 619 76 75 75.