Pestanas principais

Anuncio sobre o levantamento de actas previas á ocupación da obra de abastecemento en Ames e Brión-1º fase

Mércores, 06 de novembro de 2013

[06-11-2013] O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria de data 31 de outubro de 2013, adoptou o acordo de aprobar con carácter definitivo a relación concreta, individualizada e valorada de bens e dereitos a ocupar con carácter de urxencia para a execución da obra “Abastecemento en Ames e Brión- 1ª fase (separata 1 e 2)”, así como a designación nominal dos/as interesados/as cos que terán que entenderse os sucesivos trámites. Do mesmo xeito, no citado acordo fixouse como data para o levantamento das actas previas á ocupación o vindeiro martes 26 de novembro de 2013, ás 10:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito anuncio.