Pestanas principais

Anuncio sobre a exposición pública dos padróns fiscais de 2016

Martes, 15 de marzo de 2016

[15-03-2016] Infórmase a todos os veciños e veciñas de Ames que están en exposición pública, para a súa consulta, os padróns fiscais do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Estes padróns pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, na Oficina municipal do Milladoiro e na Deputación da Coruña, dende o día 10 de marzo ata o día 18 de abril (ambos os dous inclusive), de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter este AVISO.

Durante o devandito prazo de exposición pública os interesados poderán examinalos e formular, contra os actos que se notifican, perante a Presidencia da Deputación da Coruña, o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao de finalización da exposición pública do padrón fiscal. Tamén poderá utilizar e exercitar calquera outro recurso que considere oportuno.

O período voluntario de cobro dos recibos deste padrón fiscal será dende o 10 de marzo ao 18 de maio. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva segundo o disposto no artigo 102,3 da Lei 58/2003, do 17 de setembro, xeral tributaria.