Pestanas principais

Anuncio do resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a selección e contratación dunha/dun responsable da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames

Venres, 27 de outubro de 2017

[27-10-2017] O departamento de Persoal fai público o resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a selección e contratación dunha/dun responsable da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. As persoas aspirantes están convocadas ao primeiro exame da fase de oposición o vindeiro 30 de outubro de 2017. O prazo de reclamación da puntuación outorgada na fase de concurso remata o 31 de outubro.