Luns, 05 de febreiro de 2018
[05-02-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de persoal de cociña do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 20 de febreiro de 2018. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.




