Pestanas principais

Anuncio do BOP polo que se modifican as bases do proceso para a selección dun/dunha técnico/a do Ciclo integral da agua

Martes, 24 de outubro de 2017

[24-10-2017] O departamento de Persoal fai público o anuncio do Boletín Oficial da Provincia polo que se modifican as bases do proceso para a selección e nomeamento como funcionario interino por programa dun/dunha técnico/a do ciclo integral da agua. Deste xeito, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 6 de novembro de 2017. Trátase dun proceso para a selección e nomeamento, como funcionario/a interino/a por programa, dun/dunha técnico/a do Ciclo integral a auga, da Escola de Administración Especial, subescala técnica, técnico/a medio, subgrupo A2. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o anuncio do BOP, o impreso de solicitude e o modelo de declaración xurada.