Xoves, 01 de xuño de 2017
[01-06-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Recurso Humanos, informa sobre o anuncio de baremación do proceso selectivo para a contratación de 6 vixiantes das piscinas descubertas municipais do Concello de Ames durante o verán de 2017. Establécese como prazo para as reclamacións contra a puntuación outorgada na fase de baremación ata o 5 de xuño de 2017. O exame da fase de oposición terá lugar o luns, 5 de xuño, ás 11:30 horas da mañá, no centro de formación de Aldea Nova. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.




