Pestanas principais

Anuncio de advocación e delegación de sinatura diaria de Oficinas Xerais do 9 ao 13 de xullo

Mércores, 11 de xullo de 2012

[11-07-2012] O Concello de Ames informa de que por decreto de Alcaldía número 1528/2012, advocouse a competencia delegada de sinatura diaria de Oficinas Xerais durante os días 9, 10 e 11 de xullo, que será asumida pola Alcaldía. Así mesmo, delegouse a sinatura diaria de Oficinas Xerais durante os días 12 e 13 de xullo no concelleiro don Bernardo Moar Míguez. O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do establecido na lexislación vixente. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio de advocación e delegación de sinatura diaria de Oficinas Xerais do 9 ao 13 de xullo.